Comenzan as sesións informativas do plan Empreganav para persoas desempregadas do sector naval

Fecha: 
11/10/2012

A sesión informativa realizada na Coruña realizouse no Centro de Formación de FORMEGA, na Grela-Bens, e nela se explicó a más de 100 persoas afectadas por estes despedimentos as accións que compoñen o proxecto e as axudas que se lles pode ofrecer dentro do mesmo para conseguir o seu reinserción no mercado laboral.

Empreganav é un proxecto cofinanciado pola Comisión Europea a través do Fondo europeo de Adaptación á Globalización (FEAG) e a Xunta de Galicia, a través das Consellerías de Traballo e Benestar e de Economía e Industria e que emana dun acordo entre a Xunta de Galicia e os axentes sociais participantes no Deiálogo Social en Galicia, para o que conta coa participación activa das organizacións empresariais e sindicais sectoriais: ASIME(Asociación de Industriais Metalúrgicos de Galicia), MCA-UXT de Galicia e a federación de Industria de CCOO de Galicia.

Esta iniciativa ofrecerá axudas a 450 persoas despedidas de empresas do CNAE 25, co obxectivo final de conseguir a reinserción laboral do 40% delas.

O proxecto baséase en sete pasos fundamentais: o diagnóstico inicial personalizado, medidas de sensibilización (nas que se inclúen talleres de gestión do cambio, de acreditación de certificados de profesionalidade, de retorno ás aulas e de fomento do espíritu empresarial), programa de orientación laboral (por conta allea e para o autoemprego), programa de formación, programa de inserción, medidas de acompañamiento e programa de incentivos.

A reunión da Coruña foi o punto de partida dunha serie de sesións que se están levando a cabo noutros puntos da geografía galega nas que también hai persoas traballadoras afectadas os despedimentos no sector, como son Ferrol, Santiago, Ourense, Vigo e Villagarcía.

Todas as persoas interesadas en recibir información sobre este proxecto poden acudir calquera dos centros de formación que ten FORMEGA por toda Galicia ou a través da web: www.empreganav.com.