A Consellería de Traballo e Benestar apoia ao naval galego a través de líneas de colaboración para a mellora da seguridade laboral, o incremento da empregabilidade e o fomento da reinserción

Fecha: 
25/02/2014

A Consellería de Traballo e Benestar apoia ao sector naval galego a través de distintas liñas de colaboración para a mellora da saúde e seguridade laboral, o incremento da preparación e da empregabilidade dos seus traballadores ou fomentando a reinserción dos profesionais desempregados.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo hoxe un encontro coa directiva de ASIME no que resaltou a importancia de que esta asociación coopere co departamento autonómico nestes tres eixos relativos a un sector, o metalúrxico, que representa o 20% do PIB de Galicia, conta con 3.600 empresas e emprega a preto de 57.000 traballadores.

Na súa intervención, Mato lembrou que a Xunta se ten volcado co sector do metal, como demostra a alianza estratéxica con PEMEX que reportará a Galicia 600 millóns de euros e garante carga de traballo durante 24 meses para Navantia e Barreras, o que supón a reactivación do naval galego.

Desde a Consellería de Traballo e Benestar o apoio ao sector céntrase en tres áreas: prevención de riscos laborais, formación, e na recuperación do emprego perdido no sector, a través do programa Empreganav.

Outro dos obxectivos da Xunta é recuperar o emprego perdido no sector nos últimos anos. Neste sentido, o programa Empreganav, nacido na mesa do diálogo social, dirixiuse á reinserción laboral das persoas desempregadas do metal, promovendo tanto a reciclaxe profesional como o espírito emprendedor. O mesmo contou con mais de 450 beneficiarios e logrou, ata o momento, a reinserción de máis do 40% dos participantes.