Curso de informática básica (Vigo)

Fecha: 
Lun, 10/12/2012 - 09:00 - Ven, 21/12/2012 - 14:00

O obxectivo do curso de infórmatica básica é iniciar ao alumnado no mundo da informática e darlle os coñecementos necesarios para a realización de traballos por computador.

Contidos:
 
- Os elementos dun computador e as súas funcións.
- Características e diferenzas en hardware e software.
Software. Diferenza entre sistemas operativos e outro software. Configuración e instalación do software para un funcionamento óptimo. Instalación do sistema operativo (Windows 7), outro software de uso habitual: Adobe Reader, Microsoft office, etc.
Explorador de Windows. Diferenzas e similitudes entre a versión W7, e versións anteriores. Cartafol, e a súa estrutura. Arquivos, tipos, e as súas características.
Internet e intranet. Concepto de redes. Estrutura de Internet.
Correo electrónico. Diferenzas entre correo imap e pop. Creación de conta de correo, utilización de correo desde Web. Instalación de software libre (thunderbird), para xestión de correo. Configuración, vantaxes e desvantaxes. Estrutura e funcións do correo. Arquivos adxuntos, etc.
- Word. A barra de ferramentas. Formatear texto. Ortografía. Configuración e impresión. Aliñar, sangrar. Copiar, cortar e pegar. Wordart.
Excel. Conceptos de folla de cálculo.  Barra de ferramentas. Libro e follas. Formatear folla. Formulas matemáticas. Utilización de datos (ordenar, filtrar, e diferenzas). Enlazar datos.
- Access. Concepto de base de datos. Táboas, consultas, formularios e informes. Creación de táboas. Introdución de datos. Creación de consultas. Creación de formulario. Creación de informe. Relacionar táboas.
 
No curso de informática realizado en Vigo dende o 10/12/2012 ao 21/12/2012, cunha duración de 50h, participaron un total de 15 persoas.

 

AnexoTamaño
curso_de_informatica_basica_vigo.pdf160.7 KB