Curso de inglés (Ferrol)

Fecha: 
Xov, 07/02/2013 - 09:00 - Mar, 12/03/2013 - 14:00

Nesta acción formativa os alumnos parten dun coñecemento básico da lingua inglesa. Ao longo do curso preténdese que o estudante sexa capaz de comprender tanto oralmente como por escrito frases e expresións de uso frecuente relacionadas con áreas de experiencia que lle son especialmente relevantes . 

O alumno deberá ser capaz de comunicarse tanto oralmente como por escrito á hora de levar a cabo tarefas simples e cotiás que non requiran máis que intercambios sinxelos e directos de información sobre cuestións que lle son coñecidas ou habituais e deberá poder describir en termos sinxelos aspectos do seu pasado e o seu contorno, así como cuestións relacionadas coas súas necesidades inmediatas.
 
Neste curso, de 70 horas de duración, levado a cabo en Ferrol entre o 07/02/2013 e o 12/03/2013, participaron un total de 9 usuarios.
AnexoTamaño
curso_de_ingles_ferrol.pdf159.76 KB