Curso de inglés nivel inicial (Ferrol I)

Fecha: 
Lun, 10/12/2012 - 09:00 - Ven, 21/12/2012 - 14:00

Nesta acción formativa os alumnos parten dun coñecemento moi básico ou nulo da lingua inglesa. Ao longo do curso preténdese dotar aos alumnos dun coñecemento básico (nivel A1.1 segundo o Marco de Referencia Europeo) nas catro destrezas relacionadas coa aprendizaxe dunha lingua: Comprensión oral e escrita e expresión oral e escrita. 

Tendo en conta que os alumnos parten cun nivel básico ou nulo do idioma, os obxectivos principais do curso son os seguintes:
 
- Familiarizar ao alumno coas estruturas gramaticales máis básicas da lingua inglesa
- Pór en contacto ao alumno coa lingua oral básica para que sexa capaz de desenvolver conversacións sinxelas
- Introducir vocabulario técnico básico relacionado co seu campo laboral 
- Facer que o alumno sexa capaz de comprender un texto sinxelo en lingua inglesa no que poida aparecer algún vocabulario técnico.
 
No curso de inglés nivel inicial, levado a cabo en Ferrol entre o 10/12/2012 e o 21/12/2012, participaron un total de 10 usuarios.
AnexoTamaño
curso_de_ingles_inicial_ferrol.pdf159.66 KB