Curso de nivel básico de prevención das actividades do metal na construcción (Vigo)

Fecha: 
Lun, 17/12/2012 - 09:00 - Xov, 20/12/2012 - 14:00

Nesta acción formativa os alumnos parten dun coñecemento moi básico. Ao longo do curso preténdese dotar aos alumnos dun coñecemento e competencias básicas en materia de prevención. 

Tendo en conta o perfil dos usuarios, os obxectivos principais do curso son os seguintes:
- Facilitar a incorporación ao mercado laboral dos usuarios mediante a formación necesaria para poder exercer como recurso preventivo e delegado de prevención nas empresas.
- Dotar aos usuarios de parte da formación necesaria para a obtención do  Cartón Profesional da construción (TPC).
- Mellorar as competencias dos usuarios en materia de seguridade e saúde.
- Concienciar aos usuarios da importancia do respecto e cumprimento da prevención de riscos laborais. 
 
Contido:
O curso divídese en cinco módulos formativos:
 
Módulo 1.- Conceptos básicos de seguridade e saúde no traballo.
Módulo 2.- Riscos xerais e a súa prevención.
Módulo 3.- Riscos específicos e a súa prevención no sector da construción.
Módulo 4.- Elementos básicos de xestión da prevención de riscos.                 
Módulo 5.- Primeiros auxilios.
 
No curso de prevención das actividades do metal na construción realizado en Vigo, entre o 17/12/2012 e o 20/12/2012 e cunha duración de 60 horas (20 h presenciais e 40h de formación a distancia) participaron un total de 12  persoas. 
 
 
AnexoTamaño
curso_de_prl_vigo.pdf160.23 KB