Curso de prevención de riscos laborais (A Coruña)

Fecha: 
Mér, 13/02/2013 - 09:00 - Xov, 28/02/2013 - 14:00

Nesta acción formativa os alumnos parten dun coñecemento moi básico. Ao longo do curso preténdese dotar aos alumnos dun coñecemento e competencias básicas en materia de prevención.

Tendo en conta o perfil dos usuarios, os obxectivos principais do curso son os seguintes:
 
- Dar dunha forma sistematizada, e facendo mención á normativa aplicable en cada caso, os coñecementos mínimos suficientes que permitan analizar os riscos que hai na contorna de traballo dentro dunha empresa.
- Impartir as técnicas de análises das condicións de traballo que permitan valorar os riscos e adoptar as medidas adecuadas para evitalos ou diminuílos.
- Dar a coñecer diversas ferramentas para a xestión da seguridade. 
 
Contido:
- Conceptos básicos de seguridade e saúde no traballo.
- Riscos xerais e a súa prevención.
- Riscos específicos e a súa prevención no sector da construción.
- Elementos básicos de xestión da prevención de riscos.                 
- Primeiros auxilios.
 
No curso realizado na localidade de Bergondo (A Coruña), entre o 13/02/2013 e o 28/02/2013 e cunha duración de 60 horas (20 h presenciais e 40h de formación a distancia) participaron un total de 13  persoas.
AnexoTamaño
curso_de_prl_a_coruna.pdf160.32 KB