Empreganav promoverá que participantes no proxecto tomen o relevo de emprendedores que non poden continuar co seu negocio

Fecha: 
08/10/2013

O proxecto Empreganav de reinserción laboral de desempregados do sector do metal e auxiliar do naval, liderado pola Consellería de Traballo e Benestar, está a promover que os participantes que estean interesados no autoemprego poidan tomar o relevo de emprendedores que, por diversos motivos como a xubilación, non poden continuar co seu negocio.

Actualmente, e logo de máis dun ano de andadura, as actividades desta iniciativa estanse a centrar actualmente na fase de orientación laboral para ao autoemprego, na que os participantes que presentan a súa idea reciben axuda para a realización do business plan ou calquera outra asistencia necesaria relacionada co proxecto empresarial.

Como complemento a esta actividade, e co fin de axudar a aqueles que non teñen unha idea clara de negocio, púxose en marcha a acción “Busca de oportunidades de negocio”. Consiste na elaboración de guías de posibles temáticas empresariais ligadas aos territorios dos participantes, determinando, segundo distintos factores, que alternativas presentan unha maior viabilidade en torno a dous factores: as competencias das persoas deste colectivo; e as características dos distintos territorios nos que residen.

O obxectivo é emprender a través dunha empresa xa consolidada. Para conseguilo, FORMEGA e ASIME –que son as entidades que están a desenvolver esta actividade- van canalizar oportunidades de negocio de empresarios que, por motivos como a xubilación, non van a seguir co seu proxecto. Deste xeito, as persoas interesadas poderían retomalo sen pasar pola fase de creación.

Ademais, aqueles emprendedores que se vexan actualmente nesta situación e queiran participar no proxecto poden poñerse en contacto coas entidades organizadoras para facerlles chegar as características do seu negocio e o motivo do cesamento da actividade empresarial.