Obradoiro de fomento do espírito emprendedor (A Coruña)

Fecha: 
Xov, 14/02/2013 - 09:00 - 14:00

Son talleres informativos relacionados coas iniciativas emprendedoras sobre a creación de empresas para aqueles participantes que estean interesados en obter información sobre este tema, ben porque queiran iniciar actividade empresarial por conta propia ou ben por estar informados e abertos a novas saídas ao desemprego.

O obxectivo deste taller é espertar expectativas positivas respecto da necesidade de emprender e o espírito empresarial así como descubrir xacementos de emprego e oportunidades para crear empresas en Galicia.
 
Contido:
 
Creamos a empresa:
1.- Pensando no noso proxecto de empresa (formulación da actividade e proceso de creación, elección forma xurídica, etc.)
2.- Ferramentas de comunicación.
3.- Organizamos o traballo: a organigrama, traballo en equipo, autoestima, orientación profesional, etc.
 
Traballamos na empresa:
4.- Dirección: funcións e plan de empresa (previsión de ingresos e gastos, viabilidade, etc.)
5.- Fontes de financiamento (propias, alleas (microcréditos, subvencións, etc.)
6.- Departamento de produción: o noso produto ou servizo. 
 
Obtemos resultados:
7.- Departamento comercial: estudo de marcado, publicidade, catálogo de produtos e/ou servizos, canles de distribución, deseño do punto de venda)
8.- Administrando o meu diñeiro: elaboración de plans e orzamentos, comprobando a viabilidade do negocio.
9.- Departamento de recursos humanos: recrutamento e selección de persoal, planificación, formación, xestión de remuneracións, etc.
10.- O meu plan de empresa: partindo da a experiencia adquirida aos longo do curso cada alumno redacta o seu propio plan de empresa.
 
No ano 2013 realizouse un taller de fomento do espírito emprendedor de 5h de duración na localidade de A Coruña no que participaron 8 persoas.
AnexoTamaño
taller_para_el_fomento_del_espiritu_empresarial_a_coruna.pdf159.51 KB