Obradorios de fomento del espírito emprendedor (Vigo)

Fecha: 
Ven, 30/11/2012 - 10:00 - 14:00

Son talleres informativos relacionados coas iniciativas emprendedoras sobre a creación de empresas para aqueles participantes que estean interesados en obter información sobre este tema, ben porque queiran iniciar actividade empresarial por conta propia ou ben por estar informados e abertos a novas saídas ao desemprego.

O obxectivo deste taller é espertar expectativas positivas respecto da necesidade de emprender e o espírito empresarial así como descubrir xacementos de emprego e oportunidades para crear empresas en Galicia.
 
Contido:
 
Creamos a empresa:
1.- Pensando no noso proxecto de empresa (formulación da actividade e proceso de creación, elección forma xurídica, etc.)
2.- Ferramentas de comunicación.
3.- Organizamos o traballo: a organigrama, traballo en equipo, autoestima, orientación profesional, etc.
 
Traballamos na empresa:
4.- Dirección: funcións e plan de empresa (previsión de ingresos e gastos, viabilidade, etc.)
5.- Fontes de financiamento (propias, alleas (microcréditos, subvencións, etc.)
6.- Departamento de produción: o noso produto ou servizo. 
 
Obtemos resultados:
7.- Departamento comercial: estudo de marcado, publicidade, catálogo de produtos e/ou servizos, canles de distribución, deseño do punto de venda)
8.- Administrando o meu diñeiro: elaboración de plans e orzamentos, comprobando a viabilidade do negocio.
9.- Departamento de recursos humanos: recrutamento e selección de persoal, planificación, formación, xestión de remuneracións, etc.
10.- O meu plan de empresa: partindo da a experiencia adquirida aos longo do curso cada alumno redacta o seu propio plan de empresa.
 
No ano 2012 realizouse un taller de fomento do espírito emprendedor de 4h de duración na localidade de Vigo no que participaron 30 persoas.
 
AnexoTamaño
fomento_espiritu_empresarial_vigo.pdf164.34 KB