Programa para que 450 operarios do naval poidan volver a traballar

Fecha: 
04/10/2012
450 traballadores desempregados do sector naval poderán volver ao mercado laboral grazas ao programa Empreganav, cuxa primeira fase iniciará a Xunta a próxima semana. Trátase dun plan acordado nas mesas do Diálogo Social e cofinanciado polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG) que ten como obxectivo último a reinserción de traballadores do sector do metal e, especificamente, da industria auxiliar do naval.
 
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o titular de Economía e Industria, Javier Guerra, presentaron onte en Vigo esta iniciativa, que contará cun orzamento de 3,1 millóns de euros e coa colaboración activa das organizacións empresariais e sindicais do sector e da Fundación Galega do Metal (Fomerga)
 

Fuente: El Correo Gallego