Soldadura semiautomática (Vigo)

Fecha: 
Lun, 27/01/2014 - 19:30 - Ven, 21/02/2014 - 22:00

Entre o 27/01/2014 e o 21/02/2014 dentro do programa de formación especializada dentro do sector do metal e auxiliar do naval, levouse a cabo, na localidade de Vigo, un curso de “Soldadura semiautomática” de contido eminentemente práctico e de curta duración (50 horas), destinado a proporcionar aos usuarios/as do proxecto unha mellora na súa cualificación profesional dentro do sector, en base á ampliación dos seus coñecementos.

OBXECTIVOS:

O obxectivo do curso é que o alumno adquira os coñecementos básicos do proceso de Soldadura Semiautomática e sexa capaz de realizar unións de soldadura con aceiro ao carbono en chapas en ángulo e a tope en diferentes posicións.

CONTIDOS:

  • Principios do proceso
  • Equipo de Soldeo
  • Materiais de aportación
  • Gases de protección
  • Parámetros de soldeo
  • Técnicas especiais
  • Defectos típicos

Neste curso participaron un total de 13 usuarios/as do proxecto Empreganav.

AnexoTamaño
soldadura_semiautomatica__vigo.pdf179 KB