Visita da Conselleira de Traballo ao proxecto Empreganav

Fecha: 
30/01/2013

O programa Empreganav, que puxo en marcha a Consellería de Traballo e Benestar o ano pasado para a recolocación específica dos desempregados do sector do metal e auxiliar do naval, centrarase nos próximos meses en accións formativas e apoio para a busca dun emprego.

A conselleira do departamento autonómico, Beatriz Mato, visitou o 31/01/2013 os obradoiros e cursos que xa se están a impartir en Vigo na Fundación Galega do Metal (Formega), que participa neste proxecto europeo, ao igual que a Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime) e a Federación de Industria CCOO e a Federación de Industria, Metal, Construción e Afíns de UXT (MCA-UXT).

Xunta de Galicia

 

AnexoTamaño
agenda_de_la_visita_de_la_conselleira_de_traballo_e_benestar_30-01-2013.pdf197.11 KB