Xornada de presentación de resultados do proxecto EMPREGANAV

Fecha: 
Mar, 18/03/2014 - 10:30 - 12:40

A xornada de peche e presentación de resultados, celebrada o 18/03/2014, marcou a finalización oficial do proxecto FEAG-EMPREGANAV, ademais de constituír o peche dos itinerarios de inserción laboral dos/as usuarios/as do mesmo.

OBXECTIVOS

A xornada tivo como principal obxectivo dar a coñecer os resultados do proxecto e a entrega de certificados de profesionalidade e diplomas de cursos formativos. Así mesmo, serviu como marco para a presentación do programa e as actividades realizadas así como dos datos resultantes a nivel de emprego e mellora da empregabilidade conseguidos.

ESTRUTURA DA XORNADA

A estrutura da xornada respondeu a unha primeira parte destinada a presentar os resultados e boas prácticas alcanzadas (a cargo da Subdirectora Xeral de Traballo, María Coutinho), complementada con dúas intervencións:

  • Por parte da Fundación Galega do Metal para a Formación, Cualificación e Emprego (a cargo da xerente da entidade FORMEGA, Susana Barreras) na que se fixo referencia ás actividades realizadas dentro do dispositivo de acreditación das cualificacións: adquisición das Competencias Profesionais adquiridas a través da experiencia profesional e acreditación das Competencias Brandas (soft skills).
  • Por parte da Unidade Administradora do Fondo Social Europeo (a cargo da Subdirectora Xeral adxunta de Xestión da UAFSE, Rosaura del Val) que deu a coñecer o Fondo e as novas orientacións.

A segunda parte da xornada serviu como acto de entrega dos certificados de profesionalidade  e diplomas de diversos cursos formativos a diversos beneficiarios do proxecto, onde participaron: Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato; Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, María José Bravo; Vicepresidente da Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (ASIME), Javier Martínez; Secretario Xeral da Federación de Industria, Metal, Construción e Afíns de UGT (MCA-UGT), Manuel García; Secretario Xeral da Federación de Industria de CCOO de Galicia, Nicolás Pato.

Por outra banda, cabe mencionar que coa finalidade de resumir e incorporar a visión dos usuarios realizouse a proxección dun vídeo- resumo dos resultados e as experiencias dos beneficiarios do programa, coa intervención de 8 beneficiarios, un docente e unha orientadora laboral do proxecto.

AnexoTamaño
programa_jornada_de_cierre.pdf779.1 KB
presentacion_subdireccion_xeral_traballo.pdf2.75 MB
presentacion_formega.pdf2.7 MB
presentacion_uafse.pdf24 MB