A Xunta activa un programa para a reinserción laboral de 450 desempregados do sector naval

Fecha: 
04/10/2012
A Xunta iniciará a próxima semana a primeira fase do programa Empreganav, un plan deseñado polo Goberno galego e cofinanciado polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG) que ten como obxectivo último a reinserción laboral de 450 traballadores despedidos do sector naval, informou onte a Consellería de Traballo.
 
En concreto, trátase dun programa, acordado no seo do Diálogo Social, dirixido a traballadores do sector do metal e do auxiliar do naval de Galicia. Para a súa posta en marcha contarase coa participación activa das organizacións empresariais e sindicais e a Fundación Galega do Metal (Formega).
 
A conselleira de Traballo, Beatriz Mato, e o de Economía e Industria, Javier Guerra, informaron onte dos detalles desta iniciativa que conta cun orzamento de 3,1 millóns. O obxectivo é proporcionar ás persoas que perderon o emprego no sector ?unha resposta idónea e efectiva?, tal e como destacou a titular de Traballo. Deste xeito, o plan persegue a asistencia dos participantes na procura dun emprego, a reciclaxe profesional e a promoción do espírito empresarial.
 
Desta forma, Empreganav vaise a levar a cabo elaborando itinerarios de inserción á medida das necesidades e do perfil de cada traballador, segundo sinala a consellería.
 
A iniciativa está dirixida prioritariamente a persoas que sufriron un despedimento obxectivo, que tivese lugar entre o 23 de marzo e o 23 de decembro, e que antes do despedimento contara cun contrato indefinido.
 

Fuente: El Ideal Gallego